Xunta de Goberno Local
As competencias
- Dirección e xestión inmediata, vixiancia e inspección de todas as áreas que se lle delegan e a dirección do persoal adscrito aos servizos referidos.
- Poñer en coñecemento da alcaldía todas as deficiencias que observen nos servizos que lle estean encomendados para que a alcaldía dite as resolucións pertinentes.
- Estudo e propostas de medidas a adoptar para o bo funcionamento dos servizos municipais que se lles delegan.
- Informes con propostas de resolución, si o estima conveniente a alcaldía, xunta de goberno local e pleno, por propia iniciativa ou cando lles sexan solicitados en relación coas áreas municipais que lle son delegadas.
Composición da Xunta
Eduardo
Pérez Gutiérrez
Obras e vías públicas
Miguel
González Vilela
Brigada municipal e emerxencias
Luis
de Alonso Álvarez
Cultura, educación, sanidade, deporte e servizos sociais
Benigno
Gómez Tadín
Alcalde de Cervantes
Corresponde á Xunta de Goberno Local, ademais da asistencia permanente ao Alcalde no exercicio das súas atribucións, as seguintes atribucións que expresamente se delegan:
- As contratacións e concesións de toda clase de obras, servizos e suministros, dentro dos límites competenciais que ao alcalde-presidente outorga a Disposición Adicional 2ª da Lei 9/2017, do 8 de novembro de Contratos do Sector Público.
- Aprobación da autorización e disposición de gastos de competencias da alcaldía, excepto:
- Haberes e retribucións nominativas de persoal municipal de toda clase, de conformidade cos acordos corporativos.
- Os gastos derivados das cotizacións á Seguridade Social.
- Os servizos telefónicos, enerxía eléctrica e similares, que se liquiden de acordo ás tarifas oficialmente aprobadas.
- Os intereses e amortizacións de préstamos, gastos por xestión de recibos e comisións bancarias.
- Gastos derivados de publicación de anuncios en boletíns oficiais, taxas administrativas e multas e sancións.
- As certificacións derivadas das contratacións e concesións de toda clase.
- Facturas de contía inferior a 5.000 €.
- Pagos de IRPF e IVA.
- Aprobación de liquidacións de ingresos directos derivados de licenzas e autorizacións delegadas na Xunta de Goberno Local.
- Acordos relativos á concesión de subvencións dentro dos créditos orzamentarios a tal fin destinados.
- Aprobar a oferta de emprego público de acordo co orzamento aprobado e o cadro de persoal aprobados polo Pleno, e aprobar as bases das probas para a selección de persoal e para os concursos de provisión de postos de traballo.
- As aprobacións dos instrumentos de planeamento de desenvolvemento do planeamento xeral non expresamente atribuídas ao Pleno, así como a dos instrumentos de xestión urbanística e dos proxectos de urbanización.
- Aprobación dos proxectos de obras e de servizos cando sexa competente para a súa contratación ou concesión e estean previstos no Orzamento.
- A adquisición de bens e dereitos dentro dos límites establecidos na DA segunda da Lei 9/2017, de 8 de novembro, de Contratos do Sector Público.
- O outorgamento das licenzas, agás que as leis sectoriais o atribúan expresamente ao Pleno.
- O exercicio das accións xudiciais e administrativas e a defensa do Concello nas materias de competencia da alcaldía.
As ordes do día da Xunta de Goberno Local están a disposición da cidadanía a través do Portal de Transparencia e podes consultalas aquí