A Deputación de Lugo, en colaboración co Concello de Cervantes pon en marcha un novo plan de dixitalización das pequenas e medianas empresas co obxectivo de axudar ás PEMES e persoas autónomas a integrar nas súas empresas solucións dixitais que melloren o seu rendemento.
Para levalo a cabo, conformouse unha Rede de Oficinas Acelera Peme para contornas rurais, que acollerá todo tipo de actividades económicas.
As PEMES e persoas autónomas participantes contarán con asesoramento individualizado e personalizado en materia de transformación e capacitación dixital por parte dunha rede de axentes dixitalizadores que visitarán as empresas.
Deste xeito, buscaranse as solucións máis axeitadas a cada caso en particular, axudando a optimizar os procesos, a xestionar e relacionarse coa clientela e a outros trámites importantes, como por exemplo, a solicitude do certificado dixital. O asesoramento e acompañamento será a longo prazo.
Este servizo está xa operativo. As persoas interesadas poden poñerse en contacto a través do número de teléfono 681 18 45 39 ou no correo acelerapymesrural4@gmail.com
Servizos que ofrece o programa:
- Certificado dixital.
- Factura electrónica.
- Solicitude das axudas do Kit Dixital.
- Mellora da imaxe corporativa do negocio.
- Técnicas de mellora a través do marketing dixital.
- Elaboración de material publicitario: fotografía e vídeo.
- Creación ou mellora do perfil de empresa en Google.
- Creación ou mellora de páxina web.
- Creación ou mellora de tenda online.
- Creación ou mellora de redes sociais.
- Posicionamento en Internet.
- Whatsapp para empresas.
- Programas de xestión de clientes (CRM).
- Programas de xestión de stock.
- Xestión do negocio, interpretación de datos, análise de clientes, novos hábitos de consumo.
- Nocións básicas da xestión económica da empresa.
- Novas oportunidades de negocio. Licitación pública electrónica.