Reis Magos 2024

Os Reis Magos viñeron a Cervantes

A tarde do 5 de xaneiro no polideportivo de San Román, os nenos e nenas de Cervantes recibiron aos Reis Magos cunha festa chea de música, xogos e lambonadas.

Sobre as cinco da tarde, a mesa da merenda xa estaba preparada, con bocadillos, bebidas e lambonadas para todas as persoas que se achegaron a agardar a comitiva real.

Á hora prevista, Gaspar, Melchor e Baltasar fixeron unha parada no noso municipio para repartir algún agasallo entre os máis novos e para confirmar as peticións que estes lles fixeran nas súas cartas. Nenos (e non tan nenos) foron pasando a sacarse fotos coas súas maxestades, que trouxeron algúns agasallos para repartir.

Agasallamos aos Reis con chocolate con churros para que tivesen enerxía suficiente para todo o traballo que lles esperaba esa noite, repartindo regalos por todas as casas. E cando os reis xa se retiraron, os Gaioleiros e os Xardois puxeron música e baile o resto da tarde.

No noso Facebook podes ver as fotos dalgúns dos momentos que quedan para o recordo deste día cheo de ilusión. Pincha aquí.

O noso agradecemento a Os Xardois, Os Gaioleiros e a todas as persoas que colaborastes de forma altruísta para facer posible esta bonita tarde de Reis en Cervantes. 👑👑👑

Más artículos sobre

Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)

Aberto o prazo para a liquidación do IVTM

Residencia de Cervantes

Avanza o proxecto da residencia de maiores de Cervantes: licitada a redacción do proxecto e a dirección de obra

Obras en Cervantes

Aviso de corte de estrada entre Quindous e Sevane