Instalacións municipais

Instalacións municipais
Pallozas municipais dos Ancares

O Concello de Cervantes conta con diferentes espazos e instalacións de titularidade municipal que pon á disposición da cidadanía.

Se queres empregar ou organizar algún evento / actividade nas nosas instalacións, ponte en contacto co Concello no teléfono 982 36 49 04.

Conxunto Etnográfico das Pallozas de San Román

Nunha das pallozas do Conxunto Etnográfico de San Román, habilitamos un espazo con todo o equipamento necesario para poder acoller charlas, presentacións e cursos de formación.

Esta nova sala, ubicada nun entorno privilexiado, pode acoller con comodidade eventos nos que participen entre 40 e 50 persoas. Conta co equipamento necesario para organizar eventos (pantallas, proxectores, cadeiras, mesas…).

Salón de actos

O Edificio de Servizos Múltiples de San Román, coñecido tamén como a Casa da Catoira, conta cun salón de actos con capacidade para unhas 50 persoas. 

Este salón de actos está organizado en forma de auditorio, cunha mesa para as persoas que presidan o acto e con butacas para unhas cincuenta persoas.

Este espazo ten unha pantalla conectada a un ordenador para poder facer presentacións e cursos de formación.   

Imaxe dunha das salas do coworking municipal do Concello de Cervantes.

Espazos de traballo compartido

Desde o Concello, habilitamos un espazo de traballo compartido en San Román de Cervantes para que poidan empregar as persoas que teletraballan, as que están emprendendo ou as que queiran prestar os seus servizos á poboación de Cervantes algúns días á semana.

Este espazo conta con mesas, cadeiras, calefacción, wifi, baños e unhas pantallas para que as persoas que veñen cos seus ordenadores portátiles poidan empregalas e traballar dun xeito máis cómodo.

Ademais tamén temos unha sala de reunión e diferentes espazos para poder facer charlas e formacións, con proxectores e pantallas.

Polideportivo de San Román

Situado no recinto do colexio, este pavillón ademáis da función deportiva e escolar, acolle ao longo do ano numerosos eventos e actividades que reúnen á veciñanza.