Negocios locais Cervantes

Directorio de negocios e asociacións locais

Desde o Concello de Cervantes estamos traballando en crear na nosa nova páxina web dous directorios: un de asociacións e outro de negocios locais. Deste xeito, darémoslle visibilidade aos proxectos e iniciativas que se levan a cabo no noso municipio e tamén fomentaremos o contacto, as colaboracións e o consumo local.

Directorio de negocios de Cervantes

Queremos facer un listado con todas as empresas, autónomos, bares, casas rurais, produtores de alimentos, cooperativas, artesáns ou profesionais de todo tipo que ofrecen os seus produtos en Cervantes, teñen o seu negocio no noso municipio ou traballan desde aquí. A idea deste directorio é dar a coñecer todas as actividades profesionais que hai no concello e poder fomentar a contratación local e o comercio de proximidade.

Se realizas algunha actividades económica en Cervantes, mándanos un email a concellocervantescomunicacion@gmail.com cos seguintes datos:
– Nome da empresa / actividade que desenvolves
– Breve descrición da actividade que realiza ou servizos/produtos que ofrece
– Enderezo
– Datos de contacto (teléfono, email…)
– Enlaces ás redes sociais ou á web (se hai).
– Se é posible, mándanos unha foto ou o logotipo

Directorio de Asociacións de Cervantes

Queremos facer un listado con todas as asociacións que están traballando e realizando actividades en Cervantes. Se formas parte dalgunha delas, mándanos un email a concellocervantescomunicacion@gmail.com cos seguintes datos:
– Nome da asociación
– Breve descrición das actividades que realiza ou da súa finalidade
– Enderezo
– Datos de contacto (teléfono, email…)
– Enlaces ás redes sociais ou web da asociación (se as ten)
– Se é posible, mándanos unha foto ou o logotipo da asociación

Más artículos sobre

Cervantes destino Starlight

Cervantes, destino Starlight. Un ceo cheo de posibilidades

Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM)

Aberto o prazo para a liquidación do IVTM

Residencia de Cervantes

Avanza o proxecto da residencia de maiores de Cervantes: licitada a redacción do proxecto e a dirección de obra