O Concello de Cervantes promove o Concurso Fotográfico “Calendario Municipal 2026”, coa intención de facer participar a toda a veciñanza no calendario municipal que tradicionalmente edita.
O calendario consta de 12 fotografías, ademais dunha fotografía no saúdo e outra na primeira páxina. Este concurso servirá para seleccionar as 14 fotografías do calendario municipal que se editará para o ano 2026.
Para participar podes enviar as túas fotografías tomadas no municipio de Cervantes e nas que se destaque o noso patrimonio cultural, histórico, natural ou paisaxístico. Cada participante pode enviar un máximo de 3 fotografías.
Os autores das fotografías seleccionadas recibirán un agasallo promocional do Concello, e serán informados do fallo vía correo electrónico. Recibirán, ademais, 5 exemplares do calendario municipal 2026 impreso. Os agasallos deberán ser recollidos nas oficinas municipais, para o que se acordará data cos/as gañadores/as.
Resumo das bases
Prazo de presentación: 15 outubro 2025.
Requisitos xerais: fotografías horizontais e en cor, en formato JPG dun mínimo de 3 megapíxeles e resolución suficiente para ser impresas en tamaño A4 con boa calidade.
Email para enviar as fotografías: calendariocervantes@gmail.com, indicando no asunto “Concurso calendario municipal 2026” e o nome, apelidos, dirección postal e teléfono da persoa participante.
Podes descargarte as bases completas que regulan a participación aquí.