O 23 de abril, para celebrar o Día do Libro, ás 12:30 horas no salón de actos do CPI Cervantes será a entrega de premios do certame literario “Día do Libro”.
Este ano o pregón será de Alfredo Rodríguez Rodríguez e ao rematar o acto haberá uns petiscos para todas as persoas que se acheguen.
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.