Nesta xornada que comeza as 10 h. na Casa Reitoral de San Román falarase de moitas plantas da guía “Usos das prantas mediciñais nos Ancares” e faranse varios preparados mediciñais e cosméticos con ingredientes naturais.
Inscricións no teléfono 610 52 73 92.
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.