Unha charla impartida por Jesús Rodríguez Cedrón sobre alimentación saudable. Centrada en desmontar os mitos sobre a alimentación e as diferenzas dunha dieta do medio rural coa cidade.
Non é necesario anotarse, só acudir o martes 22 de abril ás 18 horas aos baixos da Casa Reitoral de San Román.
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.