O Concello de Cervantes informa que está aberto o prazo para a recadación en período voluntario do Imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM). O período de cobranza será desde hoxe 15 de abril ata o vindeiro 16 de xuño de 2025, ambos incluídos.
O documento de ingreso será enviado directamente por correo postal aos domicilios das persoas contribuíntes.
O pagamento poderá realizarse en calquera das seguintes entidades bancarias colaboradoras: Caixa Rural, ABANCA, La Caixa – Caixabank, BBVA e Banco Sabadell. Ademais, tamén se pode efectuar o ingreso a través da Sede Electrónica da Deputación de Lugo, accedendo ao Portal do Contribuínte, posto que a Deputación xestiona este cobro por delegación do Concello de Cervantes. Outra opción dispoñible é realizar o pagamento mediante xiro postal desde calquera oficina de Correos.
Lembramos que se non tes este imposto domiciliado, é posible domiciliar o seu pago nas caixas de aforros, bancos e demais entidades financeiras.
É importante ter en conta que, unha vez rematado o prazo voluntario de ingreso, as débedas pendentes pasarán a cobrarse pola vía de constriximento, co que se aplicarán os xuros que correspondan.
Calquera dúbida podes contactar co Concello de Cervantes polas nosas canles habituais ou achegarte á Casa do Concello.