A Asociación de Veciños San Felipe de Balgos organiza a VII Cata de Viño da Casa e Memorial Dositeo Fernández García “Tein”.
Pregón, cata de viños, xantar, entrega de premios e campionato de lanzamento de boina, ademais de servizo de bar e comida e actuacións musicais.
Información nos teléfonos indicados no cartel.
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.