A Alcaldía

A Alcaldía
Imaxe de Benigno Gómez Tadin, Alcalde de Cervantes

A natureza sitúanos na alta montaña, pechando polo occidente as terras lucenses e galegas. E dotou a estas terras dun magnífico e especial conxunto de montes, vales, ríos e xentes que nos fai únicos. 

Con esta páxina web pretendemos abrir unha porta a todo o mundo a través da que poder asomarse á nosa realidade, á nosa natureza e á nosa vida.

Desde o singular medio de comunicación que é Internet, chamamos a atención de todo o mundo en relación con este paraíso natural que ofrecemos a todos á vez que pedimos que todos nos axuden a manter esa nosa singularidade, a pureza dos nosos ambientes, a exuberancia dos nosos montes, as limpas augas dos nosos ríos e a grandeza da nosa xeografía.

Benvidos ao Cervantes virtual que con esta páxina chega a todo o mundo. E a todos os que queiran gozar dunha natureza incontaminada e libre, veñan ao Cervantes real, e serán benvidos.

Benigno Gómez Tadín.
Alcalde do Concello de Cervantes.