Desde hoxe e ata o 15 de outubro de 2025, está aberta unha liña de axudas do Instituto Galego de Vivenda e Solo (IGVS), que facilita a compra de vivenda para persoas menores de 36 anos en municipios de menos de 10.000 habitantes. As persoas que decidan mercar unha vivenda en Cervantes e cumpran cos requisitos de idade e nivel de renda, poderán recibir esta axuda.
Requisitos das persoas solicitantes
- Persoas físicas maiores de idade, adquirentes dunha vivenda por contrato privado ou escritura pública.
- Menores de 36 anos na data da solicitude ou na da compra (se é anterior á publicación da convocatoria).
- Nacionalidade española, dun Estado membro da Unión Europea, do Espazo Económico Europeo, Suíza (no caso de estranxeiros: autorización de estancia ou residencia en España).
- Estar empadroadas na vivenda (o solicitante e a súa unidade de convivencia), no caso de que a escritura pública fose anterior á presentación da solicitude.
- Non ser propietario nin usufrutuario dalgunha vivenda en España (o solicitante e a unidade de convivencia). Hai excepcións.
- Ingresos anuais iguais ou inferiores a 3 veces IPREN 2024 (25.200 €), a 4 veces IPREM (no caso de persoas con discapacidade) ou a 5 veces IPREM (persoas con discapacidade igual ou superior ao 33%).
Requisitos das vivendas adquiridas
- Adquiridas con posterioridade do 31 de outubro de 2024 ou aquelas que presentasen unha solicitude ao abeiro dá convocatoria de 2024 e fose denegada por esgotamento do crédito.
- Situadas en concellos de Galicia cunha poboación igual ou inferior a 10.000 habitantes.
- Que o seu prezo de adquisición sexa igual ou inferior a 120.000 € (inclúe anexos e exclúe gastos e tributos de adquisición).
- Vivenda xa construída (tanto nova como usada).
Consulta as bases da convocatoria e o procedemento para a solicitude das axudas aquí.