Convite á veciñanza de Cervantes a unha charla coloquio informativa dirixida a persoas usuarias de Internet que desexen instalar fibra óptica nos seus domicilios.
A empresa organizadora fará un estudio individual de cada caso para ver as posibilidades.
Cervantes é un concello rural da provincia de Lugo, o corazón da comarca dos Ancares. Desde o Concello traballamos por mellorar a calidade de vida da veciñanza e loitar contra o despoboamento para manter as nosas aldeas cheas de vida.