Casa do Crego, Cabañas de Ancares e Hotel Piornedo conseguiron recentemente superar o proceso de certificación da Asociación de Ecoturismo de España, que as acredita como establecementos que promoven a preservación do entorno natural e ofrecen experiencias para desfrutar e protexer a natureza.
A Reserva da Biosfera Os Ancares Lucenses e Montes de Cervantes, Navia e Becerreá, forma parte do Corredor de Ecoturismo da España Verde, que une 25 impresionantes espazos naturais protexidos en Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi. Da man do Xeodestino Ancares Terras de Burón e do GDR Montes e Vales Orientais, que lideraron o proxecto no noso territorio, estes tres aloxamentos rurais, convértense en referentes na zona para as persoas que buscan unha forma de turismo sostible, co menor impacto medioambiental posible e promovendo o desenvolvemento rural.
Hotel Piornedo
Un hotel situado nun punto de referencia do concello de Cervantes, a aldea de Piornedo. Con 22 habitacións e inmellorables vistas á Serra de Ancares, este establecemento familiar que hoxe xestiona Mireia, é un lugar ideal para o descanso e o desfrute en plena natureza. O seu restaurante, no que se pode probar pratos realizados con produtos locais, foi recoñecido cun Solete Guía Repsol.
CONTACTO E RESERVAS:
www.hotelpiornedo.com | Tel. 982 161 587 | Piornedo, Cervantes. 27664 Lugo
Cabañas de Ancares
Jimena, a propietaria deste aloxamento turístico, conseguiu poñer no foco de moitas miradas Cabanas Antiguas. Esta é a aldea na que recuperou diferentes construcións para convertilas nas catro cabañas que atraen a numerosas persoas cada fin de semana ata este enclave privilexiado. Os seus visitantes, desfrutan de percorrer vales milenarios e frondosos bosques.
CONTACTO E RESERVAS:
www.cabanasancares.com | Tel. 646 436 486 | Cabanas Antigas, Cervantes. 27666 Lugo
Casa O’Crego
En Vilaquinte, unha pequena aldea de Cervantes, encaixada no val do río Ser, Rafa recuperou un conxunto arquitectónico tradicional ancarés que levaba máis de corenta anos abandonado para poder acoller nas súas sete habitacións visitantes de todas partes do mundo. Un establecemento no que se teñen moi en conta as boas prácticas ambientais e se invita ás persoas que o visitan a aproveitar a paz, a serenidade e a natureza.
CONTACTO E RESERVAS:
www,ocrego.com | Tel. 982 16 17 71 | Vilaquinte, 4, Cervantes. 27664 Lugo.